O BNG presenta o Plan Retorna, unha iniciativa para que regrese a mocidade emigrada 

​A proposta vai destinada a “reter o talento pero tamén para dar unha oportunidade de volver a quen que se viu obrigada a marchar pola falta de emprego e as malas condicións”, segundo explicou a candidata da fronte nacionalista.

PLAN RETORNA 3
photo_camera PLAN RETORNA 3

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, participou esta sexta feira xunto a cabeza de lista por Ourense, Noa Presas, nunha conversa simultánea con mozos e mozas galegas que viven na emigración. Un encontro que serviu de escenario para a presentación do Plan Retorna, unha proposta política destinada a favorecer “para volva a mocidade emigrada” e rachar coas altas taxas de emigración da actualidade.

“Queremos reter o talento pero tamén dar unha oportunidade de volver a quen que se viu obrigada a marchar pola falta de emprego e as malas condicións”, explicou a aspirante do Bloque durante a conversa con mozos e mozas que residen, entre outros, en Ecuador, Alemaña, Noruega ou Dubai. 

“Necesitamos emprego digno, oportunidades e condicións salariais que permitan chegar a fin de mes”, sinalou Pontón. 

Pontón cuantificou en 90 millóns de euros, o 1% do orzamento anual da Xunta, os fondos necesarios para poñer en marcha o Plan Retorna, centrado en financiar a contratación de persoal investigador, fomentar a contratación en sectores estratéxicos e ofrecer axuda aos emprendedores para materializar os seus proxectos empresariais en Galiza.

“Se realmente queremos saír adiante necesitamos que en Galiza haxa emprego digno, oportunidades e condicións salariais que permitan ás persoas chegar a fin de mes”, sinalou a candidata nacionalista, que engadiu que “as caixas finlandesas só serven para facer titulares de prensa”.

Os mozos e mozas que participaron na conversa simultánea responderon –preguntados por Pontón– que non vían posible retornar nestes momentos polas dificultades para encontrar emprego. Unha posibilidade que valorarían  positivamente de mudar as condicións actuais, segundo recolle nota de prensa do BNG.

Máis en POLÍTICA
Comentarios