28-M

O BNG pode lograr a Alcaldía en máis dunha trintena de concellos

O nacionalismo obtivo máis de 250.000 votos.

verea
photo_camera En Verea o BNG logrou todas as actas da Corporación: 7 de 7.

O BNG está en disposición de gobernar en máis dunha trintena de concellos da Galiza, sendo primeira forza en 21 deles. A formación nacionalista obtivo este 28-M máis de 250.000 sufraxios, un aumento de 5% a respecto dos comicios de hai case catro anos, e ao redor de 600 concelleiros e concelleiras, 135 máis que en 2019.

En Verea, na comarca de Terras de Celanova, o BNG logrou todas as actas da Corporación: 7 de 7. Hai catro anos o partido máis votado fora o PP

A nova máis importante neste sentido é que a capital da Galiza, Compostela, vai ter alcaldesa nacionalista ao subir 4 actas, das 2 que obtivera a formación nacionalista en 2019 ás 6 de 2023. Outra cidade con Goberno nacionalista vai seguir a ser Pontevedra, onde Fernández Lores vai enfiar o seu sétimo mandato.

Até en 34 concellos pode haberun alcalde ou alcaldesa nacionalista, ben por ser o BNG a lista máis votada ou ben por ser a mellor situada para evitar que a dereita teña o bastón de mando no concello.

Pontevedra, Santiago, Muros, Samos, Pontecesures, Arzúa, Moeche, Fene, A Pobra do Brollón, Tomiño, O Rosal, Barreiros, Vilar de Santos, Zas, Santiso, Toques, A Mezquita, Mondariz Balneario, Ramirás, Verea, A Teixeira, Carballo, Mazaricos, Corcubión, Catoira, Cangas, Moaña, Bueu, Barro, Montederramo, Muras, Allariz, Soutomaior e San Sadurniño.

Pola contra, os nacionalistas non revalidan a Alcaldía nos municipios de Rianxo, Ribadeo, Poio, As Neves, Ponteareas e Baños.

Comentarios