BNG exixe "soberanía nacional" no Día da Liberdade

Unha delegación da organización frontista, encabezada polo seu portavoz nacional, participou dos actos de conmemoración do 25 de abril en Lisboa

Convidad@s polo Bloco de Esquerda, o voceiro nacional, Xavier Vence, e o secretario de organización da fronte, Bieito Lobeira asistiron á manifestación do Día da Liberdade que percorreu as rúas da capital lusa este 25 de abril. Aliás, foron recibid@s na Asembleia da República no XXXIX aniversario da Revolución dos cravos. 

En Lisboa, Xavier Vence, Bieito Lobeira e Ana Miranda salientaron a concorrencia nas reivindicacións dos pobos portugués e galego. "Precisamos conquistamos a soberanía nacional para poder defender a nosa economía produtiva fronte aos mercados" aseverou Xavier Vence na sesión solemne desenvolvida esta quinta feira no Palácio de S. Bento. 

Recibid@s pola coordinadora do Bloco, Catarina Martins e o seu portavoz parlamentar Pedro Filipe Soares ambas as dúas organizacións apelaron á "defensa da liberdade e da democracia" fronte á opresión da Unión europea, a Troika mais tamén, do Estado español para a Galiza. O Bloco e o BNG denunciaron as políticas da dereita que fan "recaer o peso da profunda crise na inmensa maioría social". 

Xavier Vence demandou a soberanía popular fronte a perda de contido das institucións e a devaluación "das regras de xogo da democracia" pois "o pobo é quen máis ordena" salientou en referencia ao himno do 25 de abril. 

Comentarios