O BNG comunica a Anova a súa "vontade de sumar" para unha candidatura nacionalista

Delegacións de ambas as dúas formacións reuníronse en Compostela. O Bloque entende como unha "prioridade absoluta" derrotar o PP.

bandeira

Delegacións do BNG e Anova mantiveron no serán desta terza feira unha xuntanza en Compostela a instancias da fronte nacionalista e dentro da rolda de contactos con forzas políticas galegas acordada pola militancia na súa XV Asemblea nacional. Nun comunicado, o BNG informa que lle trasladou a Anova “a súa vontade a sumar para a conformación dunha candidatura nacionalista de esquerdas, en clave de país, que teña o seu centro de decisión en Galiza”. Unha candidatura, explican, que xorda dun proceso de acumulación de forzas, “moi especialmente, de colectivos e persoas que se sintan nacionalistas, soberanistas ou galeguistas, máis aló de que teñan ou non militancia organizada”. o

O BNG tamén comunicou a Anova nesa mesma xuntanza que “respecta pero non comparte” a “estratexia de concorrencia ás eleccións con forzas políticas de ámbito non galego, ao considerar que Galiza precisa máis que nunca un proxecto nacionalista autoorganizado sen supeditacións”.

O obxectivo dunha candidatura nacionalista é ser “clave na derrota” do partido Popular, algo que o BNG entende como unha “prioridade absoluta” ante a “toxicidade das políticas de Feijóo” para a inmensa maioría da poboación galega.

Comentarios