Axenda de campaña para o 16 de maio

Relacionamos a seguir os actos de campaña previstos na Galiza para esta sexta feira. Irrompe nela Rubalcaba, con mítin na Coruña.

BNG

-10,30 h: acto a prol da lingua e a cultura, na sede do BNG, con Ana Miranda e Isabel Risco; 12.30, Vigo, Ana Miranda e a deputada do BNG no Congreso Olaia Fernández Davila reúnense coa cooperativa de armadores de pesca, no porto; 20.30 h, Teatro Principal de Pontevedra, mítin con Ana Miranda e o portavoz nacional, Xavier Vence.

Compromiso por Galicia

-A xornada, toda ela na cidade da Coruña, comeza ás 13 h, hora á que o candidato Paulo Carlos López toma parte nun reparto informativo no Mercado de Elviña; ás 19.30 h, o candidato participa nunha lectura bilingüe, en galego e inglés, do 'Sempre en Galiza', na rúa Real esquina con Bailén e Rego da Auga; 21.30, cea-mítin ás 21,30 horas, no Hotel Meliá María Pita, con Paulo Carlos López e o secretario xeral, Xoán Báscuas.

AGE
-11.30 h, Lidia Senra apresenta con Antón Dobao un decálogo sobre o galego en Europa, na libraría Couceiro; 20.30, mítin en Teo, no loal sociocultural, con Senra, Beiras, Yolanda Díaz e Martiño Noriega.

PSdeG-PSOE

-9.30. A Coruña, José Blanco toma parte nos almorzos eleitorais da asociación da imprensa, no NH Atlántico; 12 h, en Vigo, charla coloquio sobre industria, con José Blanco, Abel Caballero e o ex ministro Jesús Caldera. Será no edificio municipal de Areal; 20.30, mítin na Coruña de Blanco co secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, e o secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro. En Palexco.

PP

-20.30 h, mítin en Narón de Millán Mon, no local social de A Gándara, con Alfonso Rueda e Diego Calvo; 20.30, mítin no Carballiño, no edificio multifuncional, con Feijóo, e o presidente provincial, Manuel Baltar.

Comentarios