Axenda de campaña para o 14 de maio

Avanza a campaña no seu primeiro tramo. O BNG mitinea hoxe en Verín, AGE faino en Oleiros, o PsdeG no Carballiño e o PP -con Rajoy, primeira irrupción en campaña- en Vigo.

Feijóo e Mariano Rajoy en Ourense
photo_camera Feijóo e Mariano Rajoy en Ourense


BNG.

-11,15 horas: Ana Miranda e Xavier Vence manteñen unha reunión no Pazo da Cultura de Pontevedra con delegados sindicais; 21,00 h: mítin central en Verín, na Casa da Cultura, con Vence e Miranda.

Compromiso por Galicia

-Actividade en Ourense, acto na Universidade e mítin,ás 12 e 19.30 h, respectivamente. Mítin no Porriño, ás 20.30 h, no Centro sociocultural.

AGE

-9,30 h: Lidia Senra é a protagonista dos almorzos eleitorais da asociación da imprensa da Coruña, no NH Atlántico de A Coruña; ás 20,00 h, mítin central en Santa-Cruz Oleiros (Centro Cultural As Torres), con Beiras, Yolanda Díaz e Lidia Senra.

PsdeG-PSOE

-11,30 horas: na Coruña, José Blanco visita o mercado de As Conchiñas e atenderá os meios; 20 h, mítin central no Carballiño, no multiusos.

PP

-18,30 h: primeira intervención de Rajoy en campaña. Será en Pontevedra, na compaña de Feijóo, fará un percorrido pola cidade, ante a subdelegación do Goberno. Só para meios gráficos; ás 20 h, mítin central, en Vigo, no centro cultural da Fundación Novacaixagalicia,c on Rajoy, Feijóo e Millán Mon.

Comentarios