Axenda de campaña para o 12 de maio

Primeira segunda feira de campaña. O BNG mitinea en Viveiro, AGE faino no Carballiño, Compromiso en Ourense, o PsdeG en Silleda e o PP en Monforte.

pp
photo_camera Acto do PP en Verín

BNG

-11.45. Ana Miranda reúne con traballadores de Gas Natural na Coruña, en Juan Flórez, 3; 16.30, en Santiago, vai manter unha xunta coa Rede Galega contra a Pobreza; ás 20.30 horas, mítin en Viveiro, Teatro Pastor Díaz, con Xavier Vence; a esa mesma hora, Francisco Jorquera participa nun acto con afectados polo calote das preferentes, no centro sociocultural Castiñeiriño, en Santiago.

Compromiso por Galicia

-20 h, mítin en Ourense con Paulo Carlos López. 20.30, acto político en Agolada.

AGE.

-11.30. Lidia Senra convoca os meios no Obradoiro para falar sobre a corrupción; 20 h, mítin central no Auditorio Municipal do Carballiño, con Beiras e Yolanda Díaz.

PSdeG-PSOE.

-18 h. Conferencia de imprensa de Blanco con Besteiro, en Vigo, sbore a cimeira dos socialistas galegos cos do norte de Portugal, no Hotel Ciudad de Vigo; 21.30, mítin en Silleda con José Blanco, no Hotel Vía Argentum.

PP

-20.30. Millan Mon, Alfonso Rueda e Paula Prado, en mítin, en Salceda de Caselas, no centro social A Devesa; á mesma hora, mítin en Monforte de Feijóo, no restaurante Don Manuel, rúa Carud.

Comentarios