Así foron os ‘minutos de ouro’ dos candidatos e candidatas no debate da CRTVG

Os participantes aproveitaron o seu último minuto para resumir a mensaxe que querían transmitir á audiencia após case 2 horas de debate.

TVG debate 5 candidatos
photo_camera Un momento do debate (Foto: CRVTG)

O debate pechárono os minutos finais de cada candidato e candidata intervindo en orde inverso á súa representatividade. 

Principiou Isabel Faraldo, de Podemos, presentándose ante a audiencia como unha “perdoa coma ti”, unha candidata a pé de rúa e lonxe dos polñíticos “que colocan os seus amiguetes”: “Votando Podemos a miña voz será a túa voz”, prometeu.

Marta Lois (Sumar) asegurou que vai haber un cambio na Galiza. “En xuño gañamos e o 18 de febrero imos gañar tamén aquí”, salientou, para reiterar que "Son Marta Lois e xuntas imos gañar Galiza", concluíu.

José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) asegurou durante o seu minuto de ouro que tila “unha boa nova, depende de vós, depende de ti, xa o fixemos posiíbel nas xerais e nas municipais".". Non hai ningún outro voto que permita o cambio nin o Goberno que non sexa o do PSdeG”, asegurou. E rematou con “Desta vai”, o retrouse que o PSdeG está a empregar para a campaña do 18-F.

Ana Pontón dixo que no debate púxose en evidencia que hai "dúas maneiras diferentes de sentir e de pensar o noso país", unha delas representada polo PP cun "Goberno esgotado que nos deixa unha Galiza máis pequena" e outra por un BNG que "pensa este país en grande". Pontón apelou a toda a cidadanía dicindo que "non importa o que votaran noutras ocasións". "Pido a oportunidade de ser a presidenta para que dentro duns anos mesmo quen non votaron por min sintan orgullo da Galiza que estamos construíndo", rematou.

Alfonso Rueda puxo o ramo á quenda do minuto de ouro. A súa intervención co retrouso de “non me votes” (“se queres un presidente que te engane, non me votes”, “se queres un presidente que divida os galegos, non me votes”...) ficou para as redes como unha frase curta e redonda “non me votes”. Concluíu a súa intervención cun: "Pídoche o voto porque en min si podes confiar, eu si teño palabra, vota pola Galiza que funciona".

 

Comentarios