28-M

Ana Pontón defende que Luís Barral é "a única alternativa real" en Ribeira

"Temos proxecto, equipo, e liderado para aplicar en Ribeira o modelo municipal de éxito do BNG", afirmou a portavoz nacional da formación.
Acto do BNG en Ribeira.
photo_camera Acto do BNG en Ribeira.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón apelou en Ribeira á forza das mulleres, "esa forza que move o mundo".

Pontón tamén aludiu ao humor como "arma de construción masiva" e para  construír futuro, pois, dixo, “é preciso cambiar de rumbo”. “Ese e o cambio que propón o BNG para Ribeira con Luís Barral liderando o próximo goberno municipal a partir do 28 de maio”, apostilou.

A líder do BNG insistiu en que para obter resultados diferentes “non podemos facer sempre o mesmo, e en Ribeira urxe dar ese cambio”.

“Luís –o candidato nacionalista-, aínda non nacera e xa gobernaba o Partido Popular, e o  resultado despois de  33 anos de desgobernos da dereita están á vista de todos e de todas”, dixo.

Na súa intervención, tamén criticou que o PP diga  que o  candidato do BNG á alcaldía é moi novo: “Eu quero dicirlle ao Partido popular que a mocidade galega lles molesta moito, e por iso fixo todo o posíbel para que 200.000 mozos e mozas colleran a maleta cara a emigración nos últimos anos”.

“En Ribeira -reiterou Pontón- a única alternativa ao de sempre é un goberno liderado polo BNG, con Luís Barral como alcalde, a partir do 28M. Toca facer algo diferente”.

A maiores, definiu Barral como “un gran candidato” que conta “cun proxecto serio e solvente coa man tendida para transformar esta cidade en positivo, a favor das persoas".

Aos veciños e as veciñas ofrecémoslle un modelo municipal de éxito, que funciona, como demostramos nas vilas e cidades que lideramos desde os gobernos municipais”, concluíu.

Máis en POLÍTICA
Comentarios