O alcalde de Agolada ofrécese voluntario a combater en Ucraína

O alcalde de Agolada, Luís Calvo Miguélez, ofreceuse voluntario a combater "as forzas opresoras rusas" a traves das redes sociais.
Luís Calvo, alcalde de Agolada, e Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera Luís Calvo e Alfonso Rueda (Foto: Xunta da Galiza).

O alcalde de Agolada, Luís Calvo Miguélez, ofreceuse voluntario a combater "as forzas opresoras rusas" a traves das redes sociais.

Fíxoo nunha carta da alcaldía en que condena o ataque a Ucraína: "Estimado honorábel embaixador D. Serhiy Pohorelzew, mostramos o noso máis absoluto rexeitamento á invasión rusa en territorio ucraíno".

Engadiu ademais "tamén queremos manifestarlle que ten á súa disposición toda a colaboración posíbel por parte desta Alcaldía para acoller os seus compatriotas e toda a axuda humanitaria que precisen e que estea nas nosas mans".

Disposición de combater

"Tanto eu propio como o Sr. Tenente-Alcalde, Óscar Val García, estamos á súa total disposición para ir combater contra as forzas opresoras Rusas en canto vostedes o consideren oportuno". 

"Queremos expresarlle o noso máis sincero apoio e colaboración desde este Concello", finaliza a carta.

"Día da liberación"

O alcalde Luís Calvo, xa se vira envolto noutra polémica, cando propuxera como día feriado o día en que gañara as eleccións, o 26 de maio ao que propuxo chamar como "Día da Liberación". 

Comentarios