Alberto Garzón será o candidato de Izquierda Unida nas xerais

O deputado andaluz non terá rival nas primarias e agora queda por ver se alcanza acordos para os comicios xerais, con Podemos cada vez máis lonxe e a incógnita de Anova en Galiza.

O secretario de Converxencia e Proceso Constituínte de Izquierda Unida (IU), Alberto Garzón, será o cabeza de lista da formación federalista nas próximas eleccións xerais sen necesidade de someterse a primarias ante a imposibilidad do seu rival, Nicolás García Pedrajas, de sumar o número de avais requirido. A candidatura de Garzón pasará agora ao Consello Político Federal para a súa ratificación, que previsiblemente será o sábado 21 de febreiro.

Posteriormente queda por solucionarse a posibilidade de que Izquierda Unida sexa capaz de alcanzar unha alianza con outras forzas para os comicios estatais. Con Podemos cada vez parece máis difícil -en caso de finalmente concretarse Garzón non sería candidato en favor de Pablo Iglesias- namentres que está por ver que farán outras formacións, como Compromís, Chunta, Equo e, en Galiza, Anova, aliada de Esquerda Unida dentro de AGE, coalición que podería manter nas xerais, onde tamén poderían optar pola confluencia con nacionalistas ou buscar un acordo con Podemos.

Comentarios