A rolda de contactos entre forzas soberanistas continúa: esta fin de semana falarán BNG e Causa Galiza

A plataforma pola autodeterminación afirma que aposta pola "unidade de acción" d@s soberanistas fronte  unha 'Segunda transición' en clave española

Delegacións da Executiva nacional do BNG e da Coordinadora de Causa Galiza reunirase nesta fin de semana para analisar conxuntamente a situación política no país e as perspectivas das unidades de acción entre forzas soberanistas.

Causa Galiza fai fincapé que, para alén desas cuestións, tamén comunicará ao BNG a existencia “dun proceso represivo en curso contra o independentismo organizado dirixido desde a Audiencia Nacional”, que terá un “importante punto de inflexión” no xuízo a celebrar en Madrid nos próximos dias 24 e 25 de xuño contra @s presos independentistas Antom Santos Peres, Eduardo Vigo Domingues, Maria Osório Lopes e Roberto Rodrigues Fialhega, no que desde esta plataforma entenden que é “unha aplicación á situación galega do Dereito Penal do Inimigo e da xudicialización da disidencia política”.

Causa Galiza, tamén indica que “acredita e aposta pola unidade de acción entre as forzas soberanistas e independentistas para facermos frente colectivamente á Segunda Transición que despunta no horizonte e acumular forzas baixo parámetros de soberanía nacional e rutura democrática co rexime e o Estado español”.

Máis en POLÍTICA
Comentarios