A oposición chama a reaxer contra as políticas da dereita

As formacións políticas con representación parlamentar clamaron por "un cambio radical" nas políticas da Xunta no Día da clase traballadora. Cunha greve xeral no albo, BNG e AGE chaman a "reaxer" mentres PSdeG exixe a Feijóo que "se deixe de mentiras" e pule por "un acordo" social

photo_camera [Imaxe: SG]

Milleiros de [email protected] chamaron á greve polas rúas da Galiza este 1 de Maio.

Fixérono nas mobilizacións convocadas pola CIG onde a clase operaria demandou unha xornada de loita contra as políticas neoliberais e unha taxa de desemprego do 23%. Entrementres, CC OO e UGT advogaron por un "pacto social" e o inicio dun proceso de negociación co goberno de Madrid. 

BNG chama ao pobo galego a se rebelar contra a dereita 

Á combatividade da central nacionalista sumábase o portavoz nacional do Bloque. Desde a multitudinaria manifestación que percorreu as rúas de Vigo o voceiro da organización frontista asegurou que "é preciso reaxer" perante "este proceso de desmantelamento industrial acelerado". O Bloque chamou á sociedade galega a se "rebelar" contra as políticas "da Xunta, do Goberno central e da Troika" para que "este país", salientou Vence "teña futuro". 

A organización frontista amosouse partidaria da convocatoria dunha greve xeral lanzada desde a CIG perante unha xestión política e económica do Goberno de Núñez Feijóo que fai de Galiza "un súbdito". 

AGE rexeita a negociación "con quen agrede os traballadores"

O deputado de AGE Antón Sánchez valorou de maneira moi positiva a "boa resposta" que a clase traballadora do País deu nas rúas este Primeiro de Maio en contra da ofensiva que pon en xaque o dereito a un emprego e unha vida dignas. Malia lamentar "a falta de unidade sindical", axiña sinalou Sánchez que "comprendemos" que non se tivesen producido mobilizacións sindicais conxuntas.

Compréndeno en relación á diferente maneira que teñen de afrontar CC OO-UGT por unha banda e CIG pola outra unha situación de emerxencia en que a cifra de [email protected] na Galiza camiña cara ás 300.000 persoas. "Non é hora de sentar a negociar co Goberno", recalca o deputado de Alternativa, enfatizando que "con quen agrede os traballadores o que non se pode facer é dialogar". Polo tanto, AGE tamén se posiciona na liña de que na Galiza apremia a convocatoria dunha greve xeral.

PSdeG lamenta que Feijóo non queira "saber nada de acordos" 

O secretario xeral [email protected] socialistas, Pachi Vázquez dirixiuse no 1 de maio ao presidente da Xunta ao que acusou de "non estar para Galiza, nin en Galiza". No PSdeG os ánimos están máis calmos e exixen a Núñez Feijóo "que se deixe de desculpas, de contos e de mentiras" mais rexeitan falar da convocatoria dunha xornada de loita de carácter xeral. O líder do PSdeG demandou un cambio de rumo nas políticas da Xunta e que se "poña a traballar" camiño "do crecemento económico e do emprego" pois, "non queremos acabar de xeonllos como os traballadores", salientou. 

Pachi Vázquez lamentou desde a mobilización da Coruña que Feijóo "non quere saber nada de acordos" para pular pola economía mais emprazou á cidadanía a "saír á rúa" para reivindicar "un acordo". O secretario xeral do PSdeG uníase así ao convite lanzado por CC.OO e UXT que reclaman unha "negociación" cos gobernos do PP para frear as consecuencias das políticas de axuste. 

comentarios