Sexta feira 1 de xuño

Presentación de 'Os nomes do terror' en Teo

O primeiro libro que recolle os nomes e os apelidos dos verdugos de 1936 preséntase esta sexta feira, 1 de xuño, na Mediateca do Grilo, en Cacheiras (Teo), ás 20.00 horas. Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron atinxiu en menos de dous meses a súa segunda edición.
 

[Imaxe: Foto extraída do libro de José Luis Díaz Siembra y memoria. Muerte y evocación de un médico republicano (2010)] Escuadra Negra de Eirexalba.
photo_camera Escuadra Negra de Eirexalba. Foto extraída do libro de José Luis Díaz 'Siembra y memoria. Muerte y evocación de un médico republicano'.

Organizado pola Asociación Cultural A Oliveira de Teo, no acto intervirán dous dos 13 de autores do libro, publicado o pasado ano por Sermos Galiza. Trátase de Xosé Álvarez e de Bernardo Máiz.

Álvarez achegou o estudo Morte, tortura e corrupción. Os cívicos en Pontevedra. E Máiz, 1936-1977. Dos tribunais militares ao TOP. Son dous dos ensaios incluídos nun volume coordinado por Xosé Ramón Ermida, Eliseo Fernández, Xoán Carlos Garrido Couceiro e Dionísio Pereira.

O suceso de Os nomes do terror deu lugar a numerosas presentacións por todo o país. Ademais, a obra foi finalista na categoría ao mellor ensaio da Gala do Libro Galego o pasado 19 de maio.

Comentarios