82 anos da República Galega

Con motivo do 82 aniversario da proclamación en Compostela da República galega, diversos colectivos organizan actos nestes días para conmemorar e lembrar esa data. Entre estes, destaca a Festa da República Galega que se fai en Ordes ou a arenga pública e unha proxección audiovisual en Marín

Galiza
photo_camera Galiza

Corría o 27 de xuño de 1931. O pobo, marcado pola crise económica, o desemprego e farto dos incumprimentos de Madrid botábase á rúa e proclamaba a I República da Galiza. Primeiro en Ourense onde "unha multitude presa da indignación" camiñou até a Casa do Concello para erguer "a bandeira azul e branca" e proclamar a primeira Republica galega. 

Asi o narraba a imprensa da época. As principais cabeceiras facíanse eco dun acontecemento insólito até o momento. Manifestacións populares, encabezadas por obreir@s desempregad@s enchían as rúas ourensás, mais tamén da capital da Galiza e clamaban --inmers@s nunha greve xeral froito da parálise na construción do ferrocarril entre A Coruña e Zamora-- por un Estado de seu.

@s manifestantes clamaban por un Estado propia rexeitando que as solucións aos problemas da Galiza fosen atopar solución no Estado español, adoptase este a forma que adoptase

Acababa de caer a ditadura de Primo de Rivera e as forzas españolistas facían carreira a prol da II República española --cuxas primeiras eleccións a Cortes se producirían un día despois (28 de xuño). Pola contra, persoeiros como Alonso Ríos e Pedro Campos traballaban a prol da constitución dun Estatuto para a República da Galiza ao consideraren que ningunha solución aos problemas do país viría da man do mantemento da nación no Estado español, adoptase este a forma que adoptase. 

Apoiados polas masas populares que percorrían en longas manifestacións varias vilas e cidades galegas --tamén en Zamora-- o 27 de xuño de 1931 unha maré toma o Pazo de Raxoi --sede do Concello compostelá-- e orbiga a demitir en bloque a Xunta de Goberno. Entre o fervor d@s operari@s e lebreg@s que se agolpaban ás portas da Casa consistorial, Alonso Rios era proclamado "presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega" mais "entón, este dixo que era do pobo", como recolleu naquela altura o diario El Pueblo Gallego.

Poucas horas durou esa primeira república. A escasa implicación cidadá noutras capitais e vilas do pais rematou por provocar a caída da Xunta revolucionaria e con ela a efémera independenza da Galiza que, no entanto, aínda segue a se lembrar. 

Billarda,música e reivindicación en Ordes

Na vella estación de tren de Ordes celebrarase, máis un ano, a Festa da República Galega, que organizan asociacións como Foucelhas (Ordes), Lucerna (Cerceda) e Revoltaina da Beira de Bergantiños (A Laracha). Será o 29 de xuño,sábado. E haberá torneo de billarda, xantar popular, repichoca literaria... E taménmúsica.

No concerto actuarán Leo i Arremecághona, Xabier Díaz, Zé Orquestra Pantasma, Lydia Botana ou Xenderal. Tamén será presentada a Bandeira das República de Galiza, nun acto no que estarán presentes Mini e Mero

A fazaña da liberdade
Con motivo do 82 aniversario da I República galega, o BNG de Marín organiza unha xornada de lembranza a aqueles acontecementos. Coa colaboración do historiador Xoán Carlos Garrido, desenvolverán unha arenga pública na Alameda Rosalía de Castro ás 20.00h para a seguir, o 28, proxectar o documentario A fazaña da liberdade (Filmika Galaika) dirixido por Uxío Breogán Diéguez e Senem Outeiro, no que se achegan á figura do mártir galeguista Alexandre Bóveda. 

A proxección terá lugar na Biblioteca Vidal Pazos ás 20.30h. 

Comentarios