Última oportunidade para fechar un acordo comercial UE-Mercosur

Bolivia, pendente da súa incorporación ao organismo.
O presidente brasileiro, Lula da Silva, a pasada segunda feira. (Foto: Douglas Pingituro / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente brasileiro, Lula da Silva, a pasada segunda feira. (Foto: Douglas Pingituro / Europa Press / Contacto)

Rio de Janeiro, no Brasil, acolle desde hoxe a cimeira do Mercado Común do Sur (Mercosur), que pivotará até mañá arredor das negociacións dun tratado de libre comercio coa Unión Europea (UE), cuxa aprobación cuestionaron varios presidentes do organismo entre acusacións de proteccionismo contra Bruxelas.

Antes da xuntanza, o brasileiro Lula da Silva reclamou a UE “esforzos adicionais” para evitar o fracaso das conversas, e o titular de Exteriores arxentino, Santiago Cafiero, incidiu en que o acordo provocaría un impacto “negativo para a industria”. Tamén rexeitou o entendemento o presidente francés, Emmanuel Macron, que criticou unha proposta que “se negociou hai 20 anos" e que "está mal feita”.

O presidente de Paraguai, Santiago Peña, que asumirá a Presidencia pro tempore da organización de mans de Lula, adiantara que se o acordo non estaba asinado antes do traspaso de poderes non continuaría a negociación.

Na cimeira, amais de asinarse un tratado de libre comercio con Singapur, abórdase a integración de Bolivia, que se sumaría á Arxentina, o Brasil, Paraguai e Uruguai.

Comentarios