Falece o histórico dirixente abertzale Txomin Ziluaga

Foi un dos fundadores de Herri Batasuna, de cuxa Mesa Nacional formou parte e pola cal foi deputado en varias lexislaturas.
Otegi e Txomin Ziluaga
photo_camera Otegi e Txomin Ziluaga

 

Txomin Ziluaga Arrate (Bilbo, 1940) faleceu aos 72 anos de idade, tras varios días ingresado nun Hospital a resultas dunha caída. A morte de Ziluaga causou unha forte conmoción en Eukal Herria, onde era unha persoa moi coñecida pola súa ampla traxectoria na esquerda abterzale, da cal foi un dos seus rostros máis coñecidos na década dos 80.

Txomin Ziluaga foi fundador de Herri Batasasuna, de cuxa Mesa Nacional formou parte e pola cal foi deputado en varias lexislaturas. Alén disto, foi secretario xeral de HASI (Partido Socialista Revolucionario Popular) entre 1978 e 1988. HASI era unha das forzas integrantes de HB e de KAS (Koordinadora Abertzale Sozialista).

Profesor de Ciencias Políticas na UNED, Ziluaga formou parte dunha xeración de históricos dixixentesn de HB, como Telesforo Monzón, Tasio Erkizia, Iñaki Esnaola, Iñigo Iruin ou Jon Idigoras.

 

 

Comentarios