Na partida que disputan o Irán e os EUA no taboleiro de Oriente Próximo, foi a quenda de Teherán de mover peza. Fíxoo co lanzamento de mísiles contra dúas bases estadounidenses no Iraq, nun ataque moderado que non causou vítimas mortais.
O presidente dos EUA, Donald Trump, anunciou novas sancións económicas mais dixo que o país non responderá militarmente, atendendo as súplicas da comunidade internacional. Ademais, pediu maior implicación da OTAN na rexión.
O intercambio de agresións e uso da forza é contrario ao dereito internacional, analiza o catedrático de Dereito Internacional da UDC, José Manuel Sobrino Heredia, en conversa con Nós Diario. Algo que parece importar pouco neste mundo cada vez menos multilateral.
A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.