Rusia confirma que as súas tropas xa se fixeron co control de Avdiivka

Tropas ucraínas mantíñanse na planta de coque.
Área bombardeada por Rusia na rexión de Donetsk o domingo. (Foto: Svet Jacqueline / ZUMA Press Wire / DPA)
photo_camera Área bombardeada por Rusia na rexión de Donetsk o domingo. (Foto: Svet Jacqueline / ZUMA Press Wire / DPA)

Moscova comunicou hoxe que as Forzas Armadas rusas teñen “control total” da planta de coque, un combustíbel derivado do carbón, da localidade de Avdiivka, na rexión de Donetsk. O sábado, o novo líder do Exército ucraíno, Oleksander Sirski, fixo pública a retirada das súas tropas da cidade para “evitar un cerco” e “preservar a vida e a saúde dos militares”.

Tras o anuncio da retirada dun dos bastións principais de Kíiv en Donetsk, Rusia informou horas despois da toma da cidade, mais indicando que tropas ucraínas estaban “atrincheiradas” na planta de coque, que chegou a ser unha das máis grandes do continente. 

Evitar o colapso

A pasada fin de semana, Estados membros e da contorna da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) abordaron na Conferencia de Seguridade de Múnic a situación en Ucraína.

Ao respecto, o xornal Politico recalcou tras falar con membros do lexislativo estadounidense e altos cargos doutros países que o “plan actual” é “simplemente evitar que o Exército ucraíno colapse”.

Comentarios