As persoas migrantes en Portugal evitan o "colapso" dalgúns sectores económicos

Nuno Santos, novo secretario xeral do PS.
Queixos nun mercado (Foto: P. Sousa).
photo_camera Traballadores dunha queixaría portuguesa. (Foto: P. Sousa)

O informe divulgado hoxe polo Observatório das Migrações de Portugal revelou que a diferenza entre as contribucións e os gastos xerados á Segurança Social polas persoas migrantes deixou un saldo positivo de 1.600 millóns de euros en 2022.

Asemade, concluíu que “sen os inmigrantes algúns sectores económicos entrarían en colapso”, todo isto cando as enquisas prevén un aumento da representación da extrema dereita do Chega, que criminaliza as persoas migrantes, nos comicios lexislativos do 10 de marzo.

Novo líder do PS

O secretario xeral do PS portugués, Pedro Nuno Santos, o sábado. (Foto: Nós Diario)
O secretario xeral do PS portugués, Pedro Nuno Santos, o sábado. (Foto: Nós Diario)

De cara a esas eleccións, provocadas pola dimisión no contexto dun escándalo de corrupción do primeiro ministro do Partido Socialista (PS), António Costa, a formación desenvolveu votacións a sexta feira e o sábado para elixir un novo secretario xeral, unha responsabilidade que recaeu no ex ministro Pedro Nuno Santos, considerado o máis proclive a pactar co resto de forzas progresistas, que recibiu o apoio de 62% da militancia.

“Hai unha continuidade, non unha ruptura. Queremos construír un Portugal onde todos teñan lugar, onde ninguén sexa invisíbel nin quede para despois”, destacou o novo líder e candidato electoral da formación socialista.

Comentarios