O prezo do petróleo dispárase após a resposta rusa ao tope do prezo do seu cru

Fontes da OPEP sinalaron que non incrementarán a oferta de petróleo. (Foto: Mohssen Assanimoghaddam / dpa)
O cru Brent subiu a 86 dólares o barril por primeira vez desde o 5 de decembro, segundo datos da bolsa londiniense ICE. Así mesmo, o cru WTI subiu 1.77% até os 80,97 dólares.

Os prezos do petróleo disparáronse esta terza feira despois de que o presidente ruso, Vladimir Putin, asinase un decreto en resposta ás medidas introducidas "por Occidente" para estabelecer un tope de prezos ao cru ruso.

O cru Brent subiu a 86 dólares o barril por primeira vez desde o 5 de decembro, segundo datos da bolsa londiniense ICE. Así mesmo, o cru WTI subiu 1.77% até os 80,97 dólares.

Prezo do gas

Por outra parte, o prezo do gas en Europa caeu por baixo dos 850 dólares os 1.000 metros cúbicos, por primeira vez desde o 22 de febreiro.

De acordo co decreto oficial, "en relación coas accións non amigábeis e contrarias ao dereito internacional dos EUA e os Estados estranxeiros e as organizacións internacionais que se uniron a elas, prohíbense as subministracións de petróleo e produtos petrolíferos rusos a persoas xurídicas e físicas estranxeiras se os contratos destas subministracións prevén a utilización dun mecanismo de limitación de prezos".

O tope ao prezo

A principios de decembro, os países do G7, a UE e Australia acordaron impor un tope de 60 dólares por barril ao prezo do petróleo ruso.

Os promotores da medida pretendían "restrinxir a principal fonte de ingresos" de Rusia para o seu operativo militar en Ucraína, "preservando ao mesmo tempo a estabilidade da subministración enerxética mundial", segundo indicou a secretaria do Tesouro dos EUA, Janet Yellen.