martes 03/08/21

Netanyahu pide á comunidade internacional "desmilitalizar" Gaza

O primeiro ministro israelita afirmou en comparecencia de imprensa que "a traxedia de Gaza é que Hamas a goberna". 

Após as primeiras 24 horas do cesamento ao fogo e do repregamento das tropas sionistas, o primeiro ministro israelita, Benjamin Netanyahu, convocou unha comparecencia de imprensa na que afirmou que "a traxedia de Gaza é que Hamas a goberna". 

Desde Tel Aviv responsabilizan a organización islámica do masacre desenvolvido polas súas forzas militares e subliñan que o seu "inimigo" non é "o pobo de Gaza" mais si, "Hamas e as organizacións terroristas que tentan matar a nosa xente", enfatizou Netanyahu. 

Neste senso, o primeiro ministro sionista reclamou á comunidade internacional que coloque a desmilitarización da Faixa de Gaza na súa axenda de traballo e non a condea a Israel. Estas declaracións producíronse após votaren os Estados membros da ONU encetar unha investigación internacional perante os "crimes de guerra" cometidos por Israel na operación 'Bordo Protector'. 

"A proba agora da comunidade internacional non debe ser contra Israel", insistiu Benjamin Netanyahu, senón se "o mundo civilizado", como o describiu, "pode defenderse a si propio". 

comentarios