Ministra británica dimite en desacordo coa política sobre Gaza

A secretaria de Estado británica Sayeeda Hussain Warsi presentou a súa dimisión por entender “moralmente indefendíbel” a política do goberno de David Cameron sobre Gaza. 

Cameron e Warsi
photo_camera Cameron e Warsi

A secretaria de Estado do Reino Unido, Sayeeda Hussain Warsi anunciou a súa dimisión a través da súa conta persoal de twitter e en carta ao primeiro ministro británico. Reclamaba máis contundencia para lograr un paralizar os ataques e a “matanza de civís inocentes”. O goberno de Cameron respondeu agradecendo o “excelente traballo da ministra” que fora tamén presidenta do Partido Conservador. Warsi manifestara nos últimos días a súa discordancia coa política de Cameron e reclamara das organizacións internacionais a paralización dos ataques. “Que deixen de xustificar a matanza de nenos”, escribiu.  

Sayeeda Hussain Warsi desenvolvía no goberno británico a responsabilidade das relacións bilaterais con Afganistán, Paquistán e Bangladesh así como con organizacións internacionais como a ONU. Asumira o cargo de ministra en 2010, converténdose na primeira muller musulmana en ocupar unha das carteiras do goberno británico. En 2012, pasou a ocupar o cargo de secretaria de Estado de Exteriores mentres asumía tamén as responsabilidades da secretaría de Estado para Asuntos de Fe e Comunidades. 

Comentarios