Mantense o bloqueo político en Irlanda

Unha coalición de esquerdas liderada polo Sinn Féin semella cada vez máis lonxe. O acordo entre Fianna Fáil e Fine Gael ou unhas segundas eleccións están sobre a mesa.
13 February 2020, Ireland, Dublin: Sinn Fein leader Mary Lou McDonald (R) arrives for a meeting of Sinn Fein's new parliamentary team at Buswells Hotel. Photo: Niall Carson/PA Wire/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

13 February 2020, Ireland, Dublin: Sinn Fein leader Mary Lou McDonald (R) arrives for a meeting of Sinn Fein's new parliamentary team at Buswells Hotel. Photo: Niall Carson/PA Wire/dpa

2/13/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera A líder do Sinn Féin, Mary Lou McDonald, di que o Fine Gael e o Fianna Fáil, están a facer todo o posíbel por evitar que entren no Goberno (Europa Press)

Irlanda mantense cun Goberno en funcións case tres semanas despois dos comicios xerais, onde o Sinn Féin foi a primeira opción para a maioría de votantes. A súa líder, Mary Lou McDonald ─que estes días está a dar unha serie de charlas por varias localidades de Irlanda do Norte─, asegura que os dous históricos partidos, Fine Gael e Fianna Fáil, están a facer todo o posíbel por evitar que a súa formación entre no Executivo. Porén, o FF podería acabar sendo o socio do Sinn Féin, aínda que hai medios ─en contra do que publicamente manifesta o FG─ que apuntan negociacións entre eles. Unhas segundas eleccións mantéñense como posibilidade no horizonte.

Keith Payne, tradutor e poeta dublinés afincado en Vigo desde hai varios anos, acaba de aterrar na Galiza procedente de Irlanda. Profundo coñecedor da política do seu país, explica que o principal erro do Sinn Féin foi non presentar suficientes candidaturas, "xa que non esperaban obter un éxito tan grande". 

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios