luns 10/08/20

A difícil formación de Goberno en Irlanda

O reconto final de votos nas eleccións xerais en Irlanda deixa o Fianna Fáil con 38 escanos, o Sinn Féin con 37 e o Fine Gael con 35.
Unha papeleta electoral durante o reconto do sufraxio nas eleccións xerais en Irlanda que se desenvolveron o sábado (Europa Press)
Unha papeleta electoral durante o reconto do sufraxio nas eleccións xerais en Irlanda que se desenvolveron o sábado (Europa Press)

O reconto final de votos e o reparto de escanos en Irlanda deixa, tal e como se esperaba, o Fianna Fáil como primeira forza na Dáil Éireann, con 38 escanos dos 160 con que conta a Cámara baixa do Parlamento. O Sinn Féin, que foi a primeira opción para o electorado no particular sistema de voto múltiple irlandés, chegou até os 37 escanos. E o Fine Gael, partido do primeiro ministro, ficou en 35 representantes.

O resultado das eleccións xerais racha co bipartidismo (o liberal FF e o conservador FG levan alternándose no poder desde a independencia de Irlanda en 1921) e dá paso a un panorama parlamentario dominado por tres partidos. A esquerda, representada polo Sinn Féin, logra un histórico resultado grazas ao seu discurso centrado nos principais problemas da sociedade ─dificultade no acceso á vivenda, carencias na sanidade e aumento da idade de xubilación─ e podería entrar no Goberno.

Un Goberno que se en 2016 precisou de 70 días para conformarse ─un tempo elevado na maioría de democracias europeas─ desta volta poderíase estender mesmo máis.

A maioría na Dáil sitúase en 80. Un Executivo estábel debería contar con ese apoio parlamentario. Fóra das tres principais formacións, o resultado electoral deu 21 escanos a candidaturas independentes (que tanto se moven no arco ideolóxico da esquerda como da dereita); 12, a Os Verdes (10 máis que hai catro anos, o seu mellor resultado histórico); 6, ao Partido Laborista (socialdemócrata); 6, aos Socialdemócratas (escisión dos anteriores), e 5 ao S-PBP (Solidariedade-Persoas Antes que Beneficios, trotskistas).

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

comentarios