Máis de 100.000 persoas evacuadas na India ante a chegada do ciclón Biparjoy

De acordo ao último parte publicado polo Goberno indio, Biparjoy atopábase sobre o nordés do mar Arábigo ás 23.30 horas do 14 de xuño de 2023, a un 210 quilómetros ao oeste-suroeste do porto de Jakhau.
O ciclón Biparjoy achegándose á India (Foto: NDMA Pakistan).
photo_camera O ciclón Biparjoy achegándose á India (Foto: NDMA Pakistan).

O Servizo meteorolóxico da India reportou que máis de 100.000 persoas foron evacuadas ante a inminente chegada de ciclón Biparjoy que se dirixe ás costas deste país e de Paquistán.

As autoridades indias subliñaron que máis de 47.000 persoas foron evacuadas das zonas costeiras e baixas cara a refuxios, mentres que ascenderon a 62.000 persoas evacuadas da costa sueste do país a 75 refuxios instalados en escolas.

De acordo ao último parte publicado polo Goberno indio, Biparjoy atopábase sobre o nordés do mar Arábigo ás 23.30 horas do 14 de xuño de 2023, a un 210 quilómetros ao oeste-suroeste do porto de Jakhau.

Así mesmo notificou que debe cruzar Saurashtra e Kutch e as costas contiguas de Paquistán entre Mandvi e Karachi perto do porto de Jakhau na noite do 15 de xuño e que segundo os meteorólogos podería devastar casas e derrubar o tendido eléctrico.

Os prognósticos

Os prognósticos precisan que se intensificarán os ventos, ocorrerán marusías ciclónicas e chuvias torrenciais ao longo de 325 quilómetros de costa entre Mandvi, no estado indio de Gajurat, e Karachi en Paquistán.

Pola súa parte, a Forza Nacional de Resposta a Desastres da India subliñou que levou a cabo un proceso de evacuación, trasladando as persoas de maneira segura desde áreas costeiras e baixas a Casas de Refuxio estatais.

Os meteorólogos esperan que o fenómeno toque terra con ventos de 125 a 135 km/h e refachos de até 150 km/h.

Comentarios