Marlaska confía en que a disputa con Frontex se solucione en "horas"

Suspendida a colaboración nunha operación.
Fernando Grande-Marlaska, ministro de Interior español, esta terza feira. (Foto:  Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Fernando Grande-Marlaska, ministro de Interior español, esta terza feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

O titular de Interior do Estado español, Fernando Grande-Marlaska, defendeu esta quinta feira que a resolución das diferenzas coa Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas (Frontex) é "cuestión de horas máis que de días".

A pasada cuarta feira a entidade da Unión Europea suspendeu as súas operacións en colaboración coas autoridade estatais para detectar persoas migrantes no mar Mediterráneo e na área de Canarias pola negativa de Madrid a aceptar as condicións do plan operativo de  Frontex no que atinxe á protección dos datos destas persoas, a cuxa titularidade tería que renunciar o Estado español.

O 18 de xaneiro entrou en vigor unha modificación das normas de protección de Frontex, o que obrigou a readaptar  os plans, apuntou Marlaska, que incidiu en que se trata dunha cuestión técnica e que xa remitiron unha proposta de acordo, pendente de que a Axencia a avalíe.

Asemade, Frontex sostivo que é habitual que as negociacións arredor dos plans operativos precisen “máis tempo para unha discusión e un acordo exhaustivos”.

Comentarios