Londres disolve o parlamento norirlandés e convoca eleccións para o 2 de marzo

A decisión chega após a demisión de MacGuinnes (Sinn Féin) como viceprimeiro ministro en protesto pola xestión da primeira ministra unionista dun escándalo de corrupción.

Falls-Road-Beflast-Irlanda
photo_camera Falls-Road-Beflast-Irlanda

Irlanda do Norte irá ás urnas o vindeiro 2 de marzo, cinco anos antes do previsto. Londres disolveu a Asemblea norirlandesa no que era un paso anunciado após a demisión de Martin MacGuinnes (Sinn Féin) como viceministro principal. O republicano adoptou esta decisión en desacordo coa xestión que se realizaba dun  caso de corrupción que salpica a primeira ministra (unionista). O Sinn Féin advertira que non ía consentir que a primeira ministra do Ulster continuase no seu cargo durante a investigación sobre o escándalo de suposta corrupción na xestión do RHI, que lle afectaba a ela. Unhas irregularidades por valor de perto de 500 millóns de euros.

As últimas eleccións para escoller os 108 deputados da asemblea dos seis condados irlandeses baixo soberanía británica tiveron lugar en maio de 2016. O DUP (unionista) logrou 38 escanos por 28 do Sinn Féin. O Partido Unionista do ülster logrou 16 e o SDLP (nacionalista irlandés), 12. Nestes comicios entrou no Parlamento o People Before Profit (PBP), con 2 escanos.

Comentarios