Human Rights Watch denuncia que Israel aplica a política do apartheid

O termo non é gratuíto: o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional recólleo como un crime contra a humanidade.
Palestina Libre

As autoridades israelitas están a cometer crimes de apartheid e persecución, declarou a Human Rights Watch nun informe presentado esta terza feira e que examina as políticas de Israel en relación aos palestinos e palestinas.

O informe considera que a realidade actual é que hai unha única autoridade, o Goberno  israelita, que ten poder nunha área entre o río  Xordán e o Mar Mediterráneo, poboada por dous grupos máis ou menos iguais, e que privilexia  metodoloxicamente aos israelís xudeus mentres reprime aos palestinos, con maior severidade no territorio ocupado.

A avaliación da organización de di¡ereitos humanos con base en Nova Iorque segue así a declaración da israelita B’Tselem, que xa usara esta este cualificación en xaneiro

A conclusión baséase na política xeral do goberno israelí de manter o dominio dos israelís xudeus sobre os palestinos e nos graves abusos cometidos contra os palestinos que viven nos territorios ocupados, incluídos Xerusalén Leste.

O informe de 213 páxinas, "Un limiar cruzado: As autoridades israelís e os crimes do apartheid e a persecución", examina o trato de Israel aos palestinos.

"Voces prominentes advertiron durante anos que o apartheid axexa ao virar a esquina se a traxectoria do Goberno de Israel sobre os palestinos non cambia", dixo  Kenneth Roth, director executivo de  Human  Rights  Watch. "Este estudo detallado mostra que as autoridades israelís xa dobraron esa esquina e hoxe están a cometer os crimes contra a humanidade do apartheid e a persecución".

A constatación do apartheid e a persecución non cambia o status legal do territorio ocupado, formado por Cisxordania, incluído Xerusalén Este, e Gaza, nin a realidade  fáctica da ocupación.

Acuñado orixinalmente en relación con Sudáfrica, o apartheid é hoxe un termo xurídico universal. A prohibición da discriminación e opresión institucional especialmente grave ou apartheid constitúe un principio básico do dereito internacional.

A Convención Internacional sobre a Represión e o Castigo do Crime de Apartheid de 1973 e o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional (CPI) de 1998 definen o apartheid como un crime contra a humanidade que consta de tres elementos principais: Unha intención de manter a dominación dun grupo racial sobre outro, un contexto de opresión sistemática do grupo dominante sobre o grupo marxinado e actos inhumanos.

Comentarios