A guerra en Ucraína, en directo, este 13 de marzo

Refuxiados ucraínos na estación central de ferrocarril de Lviv (Matthew Hatcher), concerto da orquestra sinfónica e do coro do Teatro Académico Nacional de Ópera e Ballet de Odesa (Ukrinform) e vista xeral dun coche destruído diante dunha fábrica de Eco Soft en Irpin (Mohammad Javad Abjoushak).
photo_camera Refuxiados ucraínos na estación central de ferrocarril de Lviv (Matthew Hatcher), concerto da orquestra sinfónica e do coro do Teatro Académico Nacional de Ópera e Ballet de Odesa (Ukrinform) e vista xeral dun coche destruído diante dunha fábrica de Eco Soft en Irpin (Mohammad Javad Abjoushak).

🔴 [EN DIRECTO]

 Actualizar

19:33 | As conversas entre Rusia e Ucraína reiníanse esta segunda feira

As negociacións entre Rusia e Ucraína continuarán esta segunda feria, 14 de marzo, por videoconferencia, segundo declarou o voceiro presidencial ruso, Dmitri Peskov.

Tamén os países da Unión Europea teñen previsto aprobar esta segunda as novas sancións económicas contra Rusia acordadas cos seus socios do G7.

18:09 | Rusia anuncia a "eliminación de 180 mercenarios estranxeiros" e un navío armado

O Ministerio de Defensa ruso confirmou tras o seu ataque á base militar de Yaroviv, no oeste de Ucraína, a eliminación de "180 mercenarios estranxeiros" o ataque a varios centros de capacitación das Forzas Armadas de Ucraína, entre elas, un gran envío de armas do exterior.

17:28 | EUA ignora as advertencias rusas e seguirá brindando asistencia militar a Ucraína

O asesor de Seguridade Nacional da Casa Branca, Jake Sullivan, afirmou que Estados Unidos cre que poderá brindar asistencia militar a Ucraína a pesar das advertencias formuladas polo Goberno ruso, que considerará "obxectivo lexítimo" calquera transporte de armas ás forzas ucraínas.

17:11 | Rusia confirma a conxelación de 270.000 millóns de euros en ouro e divisas internacionais

O ministro de Finanzas de Rusia, Anton Siluanov, confirmou a inmobilización de 270.000 millóns de euros en ouro e divisas internacionais por mor das sancións impostas por Estados Unidos, a Unión Europea e os seus aliados en represalia pola invasión de Ucraína.

15:47 | Un negociador ruso destaca "avances significativos" nas conversas entre Rusia e Ucraína

Comparando as posicións da parte rusa e ucraína ao comezo das negociacións e hoxe, "podemos falar dun avances significativos", asegurou o xefe do Comité de Asuntos Internacionais da Duma rusa e membro da delegación rusa nas negociacións de paz, Leonid Slutski, en declaracións ao canal de televisión RT.

15:22 | Zelenski estima en 125.000 os ucraínos evacuados a través de corredores humanitarios

Volodimir Zelenski informou nun discurso en vídeo divulgado este domingo que case 125.000 cidadáns do seu país foron evacuados desde zonas de combate a áreas seguras a través de corredores humanitarios.

14:55 | Morre un xornalista norteameicano nun ataque ruso en Irpin

Segundo comunicou o xefe da Policía desta rexión ucraína a través dasúa páxina de Facebook, as tropas rusas abateron o cámara estadounidense Brent Renaud, colaborador de The New York Times nos úktimos anos e agora desvilvulado do medio. 

A axencia AFP informa de que Renaud, de 51 anos, faleceu a causa dun disparo. Outro reporteiro resultou ferido no mesmo ataque ao oeste de kíiv.

13:48 | EUA pode ser en "en pouco tempo" o primeiro exportador mundial de GNL

Segundo defende un experto da Fundación de Estudos de Economía Aplicada (Fedea) Esatados Unidos pode converterse "en pouco tempo" no primeiro exportador mundial de gas natural licuado (GNL) e superar Catar e Australia.

Xa é o primeiro suministrador de gas natural a España, tras desbancar Alxeria nos primeiros meses de ano.

13:25 | A Fiscalía de Ucraína denuncia a morte de 85 crianzas desde o inicio da invasión

A Fiscalía Xeral de Ucraína informou, ademais, cse un cento de feridos por mor dos bombardeos desde o pasado día 24 de febreiro.

Pola súa parte, Nacións Unidas verificou até o momento 42 nenos falecidos e 52 feridos, segundo trasladou este sábado a súa oficina de Asuntos Humanitarios.

12:40 | Croacia critica a OTAN polo impacto dun dron militar ucraíno que se estrelou na súa capital

O dron, de fabricación soviética e modernizado posteriormente polos especialistas ucraínos, cruzou o espazo aéreo de Romanía e Hungría antes de entrar en Croacia e estrelarse na noite do 10 de marzo nun campo preto dunha residencia estudantil.

As autoridades croatas censuran a "reacción lenta" da OTAN ante o voo do dron. Aseguran que non se informou ás autoridades do país e que a OTAN reaccionou só tras unha pregunta dos xornalistas.

11:37 | Ucraína denuncia o secuestro doutro alcalde por parte das forzas rusas

As autoridades ucraínas acusaron este domingo as forzas rusas do secuestro do alcalde da localidade de Dniprorudni, Yegveni Mativ. O rapto foi denunciado polo xefe da rexión de Zaporiyia, Oleksandr Staruj, na súa páxina de Facebook, segundo recolle o medio local 1News.

11:23 | Borrell alerta de que unha zona de exclusión aérea provocaría "unha terceira Guerra Mundial"

"Cando alguén pide unha zona de exclusión aérea iso implica ter a capacidade e vontade de derrubar os avións rusos que a violen. Sería estender o conflito a unha Terceira Guerra Mundial", dixo o Alto Representante da Unión Europea para a Política Exterior a respecto dunha o restricción dos voos nunha área.

10:14 | Nove mortos e 57 feridos nun ataque perto da fronteira con Polonia

As autoridades ucraínas denunciaron este domingo un ataque ruso ocorrido contra unhas instalacións militares en Lviv, no oeste do país, a só 20 quilómetros de distancia da fronteira con Polonia.

O xefe da Administración Militar Rexional de Leópolis, Maksim Kozitski, informou de que Rusia lanzou contra o centro polo menos unha trintena de mísiles, dos cales oito impactaron nas instalacións provocando polo menos nove mortos.

A base militar atacada en Yavoriv era emp`regada pola OTAN e EUA para manobras conxuntas e para instruír o Exército e a Garda Nacional do Réxime de KÍiv.

09:57 | Rusia designa á súa propia rexedora de Melitópol 

As tropas rusas nomearon unha nova alcaldesa da cidade ocupada de Melitópol un día despois do presunto secuestro do alcalde electo Ivan Fedorov por un grupo militares.

Trátase dunna deputada local da oposición, Galina Danilchenko. Durante a súa presentación como interina asegurou que a "súa tarefa principal" é devolver a cidade "á normalidade".

09:53 | Os corredores humanitarios evacuaron case 13.000 persoas este sábado

O presidente de Ucraína, Volodimir  Zelenski, asegurou que "todos" os corredores humanitarios acordados con Rusia para este sábado "funcionaron", logrando así evacuar a 12.729 persoas das zonas máis conflitivas do país.

O mandatario ucraíno espera que este domingo chegue a Mariúpol un novo cargamento con axuda humanitaria. A cidade converteuse nos últimos días en obxectivo dun asedio que mantén á poboación illada e sen apenas subministracións básicas.

Comentarios