A estrela do baloncesto Brittney Griner, liberada en Rusia nun intercambio co traficante de armas Viktor Bout

A finais de xullo, o secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, anunciou unha "oferta substancial" ao Goberno ruso para a liberación de Griner.
Brittney Griner. (Foto: AAPIMAGE / DPA).
photo_camera Brittney Griner. (Foto: AAPIMAGE / DPA).

Rusia e os EUA chegaron a un acordo para intercambiar a estrela do baloncesto da WNB, Brittney Griner por Viktor Bout, coñecido como "o comerciante da morte" a o que os EUA acusan de ser "traficante de armas" mentres que Rusia o cualifica de "empresario",

Griner está "a salvo" e volve á casa, segundo declarou o presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, nas súas redes sociais, onde confirmou que puido falar con ela tras a súa liberación.

A xogadora fora detida en febreiro no aeroporto de Moscova, tras atoparen as autoridades aceite de cannabis na súa equipaxe.

Posteriormente foi acusada de posesión e tráfico de drogas e condenada a nove anos de prisión. Hai un mes anunciouse que estaba a ser trasladada a unha colonia penal rusa.

Liberación

Coincidindo cos primeiros 100 días desde a súa detención, a principios de xuño, a WNBA amosoulle o seu apoio a Griner e pediu a súa liberación. Un obxectivo tamén para o Goberno dos EUA.

A finais de xullo, o secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, anunciou unha "oferta substancial" ao Goberno ruso para a liberación de Griner, un intercambio no que a Casa Branca lle ofreceu a Bout a cambio da deportista.

O Kremlin reaccionou pedindo discrecionalidade e rexeitando un acordo, polo momento.

Agora, vén de confirmarse o intercambio de Griner por Viktor Bout, que cumpría 25 anos de prisións nos EUA.

Comentarios