Torra fía o éxito do ‘procés’ á mobilización

Xavi Domènech deixa o Parlament e a dirección de Podem e Catalunya en Común

A súa demisión por “esgotamento político e persoal” obriga o partido a reordenarse

xavi domenech

Xavi Domènech deixa o escano no Parlament e o mando de Podem e Catalunya en Comù e faino apenas uns meses despois de ser eleito secretario xeral da marca de Podemos en Catalunya e reeditar o seu triunfo nas primarias dos común.

“Nestes anos asumín un conxunto de responsabilidades […] que me esgotaron política e persoalmente”, afirma nun comunicado en Facebook. “Após unha profunda reflexión decidín que é o momento de deixar todos os meus cargos, tanto no Parlament como o de coordinador xeral de Catalunya en Comú e secretario xeral de Podem Catalunya. Domènech entende que “é hora de dar paso a novas persoas con ideas frescas e a enerxía precisa para levar a cabo os retos que o país pide nos vindeiros meses.

A sorprendente marcha de Domènech deixa a confluencia nunha situación complicada, segundo medios cataláns que citan fontes da formación, obrigada a reorganizarse.

Torra

O president da Generalitat, Quim Torra, expuxo na noite da terza feira desde o escenario do Teatro Nacional de Catalunya as liñas básicas da súa aposta política para estes meses. Non concretou un roteiro claro e fechado mais advertiu que non ía haber renuncia ao proxecto de ‘facer República’.

Torra defendeu o dereito de autodeterminación do pobo catalán e a liberdade para os presos políticos, ao tempo que instaba á sociedade catalá a unha mobilización permanente. Isto non implica, explicou, unha renuncia ao diálogo co goberno español, ao que convidou a “negociar” e “escoitar”.

Comentarios