Tamén os Jordis están separados

Dispersan Junqueras e os consellers en 5 centros penitenciarios

A decisión é de Institucións Penitenciarias, isto é, é unha decisión directamente política.

Consellers á súa entrada na Audiencia Nacional
photo_camera Os consellers, á súa chegada á AN

Os 8 membros do Govern estarán dispersos en 5 centros penitenciarios, no que ten todo o aspecto de ser unha medida de carácter político que procura a desmoralización dos independentistas e que obviamente evoca as medidas punitivas que as autoridades españolas costuman aplicar aos militantes de organizacións armadas.

Argumenta Institucións Penitenciarias que Soto del Real -onde están encadeados Jordi Sánchez e Jordi Cuixart desde 16 de outubro- non está preparado para receber de golpe 8 presos preventivos das características destes membros do Govern.

En todo caso, e como apunta NacióDigital, en Soto del Real Jordi Sánchez e Jordi Cuixart están en módulos distintos, o que indica a vontade do Estado de separar os presos políticos cataláns como unha medida represiva máis.

Comentarios