MINUTO A MINUTO

O soberanismo volta a tomar a iniciativa cunha manifestación xigante a prol da liberdade dos presos

Nova demostración da enorme capacidade de mobilización do soberanismo catalán. Centos de miles de persoas -750 mil segundo a estimación da Garda Urbana- compuxeron este sábado 11 de novembro unha manifestación xigante que percorreu 3 quilometros 300 metros ao longo de dúas horas. Os cánticos pola liberdade dos presos políticos e os berros "independencia" e "Puigdemont president" foron a banda sonora dunha nova macha para a historia do procés. A marcha deixa imaxes con enorme carga simbólica, con centos de miles de telefones móveis a iluminaren o serán de Barcelona. A seguir o directo -o minuto a minuto- da mobilización, que devolve ao soberanismo a iniciativa política a apenas 5 semanas das eleccións do 21-D.

 

Manifestación pola liberdade dos presos políticos Barcelona 11 de novembro de 2017.
photo_camera Foto: NacióDigital

19.11. "Els Segadors", o himno nacional de Catalunya, pon o ramo a unha nova manifestación masiva do soberanismo.

19:08. ANC, Òmnium e la plataforma OmplimBrux [enchamos Bruxelas] anuncian unha manifestación na capital europea o 7 de decembro.

19:06. A Garda Urbana de Barcelona estima en 750.000 persoas a asistencia á marcha.

 

19:03. Agustí Alcoberro, vicepresidente da ANC. "Infórmanme de que fixemos unha manifestación de 3 quilómetros e 300 metros. Para facérmonos unha idea o Passeig de Gràcia ten 1 quilómetro e 300 metros"

18:57. Discurso do vicepresident de Òmnium Cultural, Marcel Mauri: "Tanto ten o que dixesen [Forcadell e o resto dos membros da Mesa do Parlament] perante un tribunal represor. O que importa é o que fixeron até agora. Isto non vai de heroes. Isto non vai de traidores. Isto vai de persoas normais como as que estamos aquí". "A Carme [Forcadell] e o resto de membros da Mesa son os nosos representantes lexítimos].

18:42. President!! President!! President!!

18:40. Proxéctanse vídeos do president e os consellers exiliados. 

18:28. Mensaxe de Oriol Junqueras: "Se loitamos sairemos adiante. Temos sede de xustiza e liberdade"

18:26. Mensaxe de Jordi Turrull: "Pídovos unidade, a nosa división é a esperanza do Estado español"

18:19. Leitura de mensaxes dos presos políticos a cargo dos seus familiares.

 

18:13. President Puigdemont!! President Puigdemont! Un clamor masivo pon o ramo á interpretación do "Cant del ocells". Impresionantes as imaxes dunha constelación de telefónes móveis a iluminaren as rúas.

18:10. Momentos moi emotivos coa reprodución, desde o escenario, do discurso de Pau Casals na asemblea nacional da ONU en que o lendario músico se definiu como catalán, como fillo dunha nación que se dotou dun Parlamento antes do que Inglaterra. A seguir, a interpretación do célebre "Cant dels ocells" encolleu o corazón das miles de persoas que ateigan a Praza Icaria.

18:06. Na cola da marcha hai moitas zonas compactas onde apenas se poden dar pasos cara adiante. Miles non chegarán até o final.

18:01. A cabeceira da marcha chega ao ponto final do percurso, a Praza Icaria, onde hai un escenario para as intervencións que clausurarán a manifestación. "Democracia e Llibertat" é unha nova faixa que se xunta coas do lema da convocatoria, "Llibertats presos políticos. Som República".

17:55. Carme Forcadell non asiste á manifestación, por consello dos seus avogados.

17:51. Miles de persoas acenden os seus telemóveis, un vagalume xigante a avanzar polas rúas de Barcelona.

17:50. "Llibertat, llibertat" é o cántico estrela da marcha, que continúa a avanzar con enorme lentitude.

Screen Shot 2017-11-11 at 17.55.48

17:45. O percurso da marcha está previsto que chegue á Praza Icaria, xa no paseo marítimo da cidade.

17.32. Dúas cabeceiras abren a marcha. A primeira está formada por familiares dos presos políticos e dos membros do Govern -incluídos o president- no exilio. Na segunda están dirixentes de formacións políticas como ERC, o PDeCAT, a CUP, Catalunya en Comú ou o PNB. Tamén o ex secretario xeral de Podem Catalunya, Albano Dante Fachín e a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau.

Screen Shot 2017-11-11 at 17.33.5317.28. Fechada a estación de metro de Marina, totalmente colapsada.

17.26. A cola da manifestación está neste momento no Bairro de Gracia, o que indica até que ponto estamos perante unha manifestación que ultrapasa as expectativas.

17.22. "Isto non é democracia, isto é unha ditadura", di a TV3 David, un rapaz de Girona que participa na marcha. 

17.17 h. Arranca, mais con problemas, a manifestación dada a enorme concentración de persoas que ateigan o ponto de saída da marcha, na praza Marina, na confluencia entre a rúa Marina e a Avenida Meridiana.

Comentarios