Demite o relator da ONU para Palestina

Asegura que no tempo que asumiu a responsabilidade Israel impediulle acceder aos territorios palestinos ocupados.

Makarim Wibisono_ONU
photo_camera Makarim Wibisono

Makarim Wibisono anunciou esta segunda feira (4 de xaneiro) que demite das súas funcións como relator para a Palestina das Nacións Unidas. Fíxoo após asumir o cargo en xuño de 2014 e logo de lle ser impedido o acceso aos territorios ocupados. 

"Infelizmente, os meus esforzos para mellorar as condicións de vida dos palestinos, vítimas de violacións baixo a ocupación israelita, víronse frustrados a cada paso do camiño", sinalou Wibisono na declaración oficial difundida pola ONU

"Sen resposta ao meu último pedido, de outubro de 2015", sinala o ex-relator após cursas varias peticións escritas e orais, "é con profundo arrepentimento que acepto que a premisa baixo a que asumín o mandato, de que iría ter acceso directo ás vítimas en territorio ocupado palestino, non será cumprisa", acrecentou, quen agarda que o nomeamento doutra persoa poida "resolver o impasse". 

Pola súa banda, fontes do goberno israelí citadas polo New York Times apuntan que o executivo sionista considerou o papel desenvolvido por Wibisono como "falto de equilibrio". 

A Comisión de Dereitos Humanos da ONU emitiu un informe a comezos de 2015 no que sinalaba a "grande posibilidade" de que Israel tivese cometido "crimes de guerra" no ataque á Faixa de Gaza do verán de 2014. 

Comentarios