Costa despexa dúbidas e xa pide unha "maioria reforçada e estável"

A Assembleia rexeita o Orçamento do Goberno.
EuropaPress_4038268_primer_ministro_portugues_antonio_costa
photo_camera O primeiro ministro portugués, intervindo onte na Assembleia (Foto: Henrique Casinhas / Zuma Press)

O primeiro ministro de Portugal, António Costa, realizou un discurso coa mirada posta xa nas inexorábeis eleccións anticipadas, asegurando que agarda converter a actual representación parlamentaria do Partido Socialista (PS) "numa maioria reforçada e estável". 

Foi parte das súa intervención no feche do debate sobre o Orçamento do Estado 2012 (OE22) presentado polo Goberno que preside e que non conseguiu os apoios necesarios para a súa aprobación.

A Assembleia rexeitouno cos votos en contra da dereita (PSD, CDS-PP, Chega e IL) e da esquerda (BE, PCP e PEV).

A respecto das eleccións anticipadas, Costa sinalou que agora toca agardar pola decisión do presidente da República.

O PS foi o único partido que votou a favor da proposta.

Os tres representantes do PAN e as duas deputadas non-inscritas, Joacine Katar Moreira e Cristina Rodrigues, abstivéronse. 

"Consciência tranquila"

Costa asegurou que "o Governo sai desta votação de consciência tranquila e cabeça erguida", e lanzou unha mensaxe á dereita, dividida no proceso de renovación interna, sinalando que "fechou para obras".

A respecto das eleccións anticipadas, Costa sinalou que agora toca agardar pola decisión do presidente da República.

Comentarios