69 mortes confirmadas nun accidente de avión no Nepal

As operacións de procura e rescate das tres persoas que aínda non apareceron quedaron suspendidas até a segunda feira. O piloto evitou que o aparello se precipitara sobre unha zona poboada.
O avión estrelouse en Pokhara, Nepal (Foto: Europa Press).
photo_camera O avión estrelouse en Pokhara, Nepal (Foto: Europa Press).

Xa son polo menos 69 os falecementos confirmados no sinistro deste domingo, 15 de xaneiro, do avión da compañía Yeti Airlines na cidade de Pokhara, no centro do Nepal, que viaxaba con 72 persoas a bordo.

Así o comunicou a Autoridade de Aviación Civil do país, que subliñou que aínda continúa a procura doutras catro persoas que se atopaban no interior do aparello.

As operacións de procura e rescate do sinistro do avión quedaron suspendidas até a segunda feira, segundo confirmaron fontes do Exército nepalí, aínda que a aerolínea avanzou que non se esperan sobreviventes do sinistro.O país gardará esta segunda feira un día de loito polas vítimas

O portavoz da aerolínea, Pemba Sherpa, informaron á axencia rusa TASS que o sinistro non deixou sobreviventes e que noticias previas sobre a existencia de feridos críticos son falsas, aínda que esta información non foi verificada desde os servizos de rescate.

O piloto do avión ATR 72 da aeroliña Yeti Airlines que este domingo estrelouse con 72 persoas a bordo en Nepal dirixiu o aparello cara á garganta do río Seti para evitar caer nunha zona poboada e diminuír así o número de vítimas, reporta o portal Khabar, citando a testemuñas do sinistro.

O portal recolle as declaracións dun traballador dos equipos de rescate que asegura que, se o piloto tardase un minuto máis en realizar a manobra, "o avión podería impactar no antigo aeroporto de Pokhara, moi próximo á área do mercado de Ramghat".

O avión saíra de Katmandú cara a Pokhara ás 10.33 (hora local) e, por causas que aínda se atopan baixo investigación, estrelouse ao aterrar no aeroporto internacional de Pokhara, no val do río Seti.

En redes sociais difundíronse imaxes desde o lugar do accidente nas que se pode observar unha fumareda negra e chamas. Ademais, circula unha gravación do que parecen ser os segundos previos ao sinistro.

No material audiovisual obsérvase á aeronave voando a moi baixa altura, perto dunha zona rural. De súpeto, xira bruscamente e precipítase. O vídeo non rexistrou o impacto, pero escoitase un estalido.

Os datos do portal Aviation Safety Network, que realiza un seguimento de accidentes de aeroliñas, sinalan que se trata do máis letal no país desde 1992, cando faleceron 167 persoas ao estrelarse un Airbus A300 de Pakistan International Airlines perto de Katmandú.

Comentarios