"Uribe está detrás dun plano para asasinarme. Uribe é un asasino", denuncia Maduro

Maduro di ter dados de que Colombia está a tramar a entrada de paramilitares en Venezuela co obxectivo de o asasinar.

maduro
photo_camera maduro

"Uribe está detrás dun plano para me asasinar. Uribe é un asasino", afirmou o presidente de Venezuela, aínda non recoñecido polos EUA. O líder do Partido Socialista Unido de Venezuela acusa o ex-presidente colombiano de estar conspirando con sectores da direita para o liquidar fisicamente. "Pensan que me quitan do medio virá o caos, virá a anarquía".

A tensión de Venezuela con Colombia é permanente desde o triunfo da revolución bolivariana. Uribe dirixiu un goberno que é o principal aliado dos EUA na rexión. Grazas ao apoio militar norteamericano, o Estado colombiano ten impedido a vitoria militar da guerrilla das FARC, que aínda así dominan boa parte do país.

Bogotá ten acusado en múltiples ocasións a Caracas de financiar as FARC.

Comentarios