Consolidar o único semanario en galego, a única referencia informativa na nosa lingua que existe neste momento nos quiosques do país, depende de ti, depende de facermos entre tod@s máis forte a Comunidade Sermos que partillamos.
Este é un proxecto colectivo, comunitario, e quer selo cada día máis.
Sermos Galiza fai un esforzo editorial -incrementar paxinación- nun momento en que infelizmente imperan os recortes e os retrocesos. Para celebralo con todas e todos vós, o semanario vai sortear unha subscrición absolutamente debalde entre as dez primeiras persoas que se fagan asinantes, que se subscriban, ao Sermos Galiza desde esta segunda feira, 3 de marzo, até a quinta feira 13 de marzo, o día en que sairemos a 40 páxinas.
Como podedes participar no concurso? É moi doado. Estes son os pasos a seguir:
1.-Subscríbete directamente nesta ligazón.
2. O 14/03/2013 recibirás un correo cun número asignado para participares no sorteo.
3.-Se o teu o número coincide coa última cifra do sorteo da ONCE do 21/03 /2013 , terás o Sermos debalde!
Participar é un modo máis de alargar a Comunidade Sermos, de sermos cada día máis Sermos Galiza, de impulsar e tornar máis grande, máis fecundo, un espazo de comunicación galego e en galego.