Galiza

O PP rexeita protexer o Galiñeiro e o Courel

O PP rexeita protexer o Galiñeiro e o Courel

Nin o Galiñeiro nin o Courel. O PP rexeita protexer os montes do Courel e o Galiñeiro e rexeita sendas iniciativas parlamentares encamiñadas a que estas serras sexan Parque Natural. Bota abaixo que o Galiñeiro forme parte do parque natural do Aloia a menos dunha semana da masiva camiñada que o reclamou en Vigo 

Courel
photo_camera Courel

O PP rexeita en comisión parlamentaria incluír a serra do Galiñeiro no parque natural do Aloia, como demandaron centos de persoas o pasado domingo na camiñada que atravesou os espazos sobre os que pesa a ameaza dun  parque eólico. 

A proposta foi apresentada polo BNG, a través da deputada Carme Adán, quen reclamou ao goberrno galego protección para a serra e a anulación da autorización do parque eólico. “É incríbel que os populares alegaran para rexeitar a nosa proposta que esta serra non cumpre os requisitos para incluila no parque natural cando é o macizo máis emblemático do sur de Galiza” dixo Adán. 

Tamén botou por terra o PP a proposta de Alternativa Galega de Esquerda, que contou co apoio de todos os grupos da oposición, de crear o Parque Natural do Courel. O deputado David Fernández Calviño defende que o Courel  “presenta unha das diversidades xeolóxicas e biolóxicas das máis importantes de Europa, concentrada nun pequeno espazo. É necesario protexelo”.O PP só apoiou o punto no que se insta á Xunta a elaborar un plan de valorización económica do Courel. O grupo popular votou en contra, sen embargo, á elaboración do plan de ordenamento de recursos naturais e máis a creación do parque natural foron rexeitados,

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Galiza
comentarios