O Grupo Eulen continúa a incrementar a súa presenza na Galiza e, en especial na xestión de centros de carácter cultural. A Xunta de Goberno da Coruña aprobou hoxe venres a concesión da xestión da súa Rede de Bibliotecas a Eulen por unha cantidade de 2.265.741€ ao ano. Coa rede de Bibliotecas Eulen amplia a súa presenza na cidade gobernada polo PP na que, conseguiran a xestión do Teatro Colón, un centro dependente da Deputación da Coruña, gobernada tamén do PP.
Até o de agora era requisito indispensábel para se presentar ser unha empresa especializada na xestión bibliotecaria. No último concurso o goberno municipal eliminou esa condición, o que facilitou a presentación de Eulen, que resultou gañadora do total das seis empresas presentadas.
Apoia Nós Diario
Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.