Eulén, a empresa que ten o seu xermolo nos servizos de seguridade, continúa a gañar boa partes dos contratos que se convocan pola administración para traballos de xestión cultural. Neste caso, a Deputación da Coruña a través do seu servizo de contratación ven de publicar a adxudicación á empresa da que é apoderada Micaela Feijóo, a organización e coordinación dun laboratorio teatral por importe de 48.400 €, IVE incluído.
O Grupo Eulen xestiona xa o Teatro Colón da Coruña, o Teatro Jofre, o Centro Cultural Torrente Ballester e a rede de Bibliotecas da Coruña, entre outros equipamentos e programas. O monopolio da empresa da irmá de Feijóo na xestión cultural foi debatido no Parlamento, en especial, cando se lle adxudicou a xestión dos laudos das preferentes.
Apoia Nós Diario
Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.