Entroido si, loita tamén

Comparsas impulsadas pola CIG están a mesturar estes días retranca, reivindicación e festa para, nunhas datas como estes do entroido, seguir a denunciar os recortes e ataques dos gobernos do PP.
comparsa cig

Nas residencias de maiores da Consellería de Traballo en Compostela, Ferrol ou A Coruña. Mais tamén nos edificios administrativos de San Caetano ou no rexistro da Xunta. Comparsasimpulsadas pola CIG e traballadores e traballadoras dos servizos públicos están estes días a aunar reivindicación e festa para manter a denuncia dos recortes e ataques dos gobernos da Xunta e de Madrid. 

Esta mesma terza, unha comparsa repartiu chourizos en San Caetano, sede da Xunta,entre coplas de entroido contra o goberno autonómico e as súas políticas. "Repartimos chourizos para denunciar os recentes escándalos relacionados co cobro de sobresoldos do Partido Popular mentres se está a producir unha constante privatización dos Servizos Públicos coa escusa da mal chamada crise económica".

Mais nestes días, outras comparsas tamén estiveron animando o ambiente. Así, nesta segunda, tres actos Entroido-Reivindicativos tiveron lugar nas Residencias de Maiores Torrente Ballester de A Coruña, Porta de Camiño de Compostela e Caranza de Ferrol para denunciar a non compensación de traballo en domingos e festivos, o descoñecemento das quendas de traballo a efectuar durante o ano 2013, a imposición de xornadas abusivas e os recortes de medios e persoal.

Comentarios