Cousas de Raíces, unha iniciativa colectiva a prol do bosque galego

Corenta colectivos e entidades botan a andar “Cousas de Raíces”, unha iniciativa en defensa do bosque galego e o seu aproveitamento sostíbel. 

Presentación de Cousas de Raíces
photo_camera Presentación de Cousas de Raíces

Canda os 40 colectivos que impulsan a iniciativa “Cousas de Raíces”, propietari@s, empresas e investigadores suman forzas para defender o bosque galego e as súas posibilidades de futuro. A proposta fíxose pública n Eira da Xoana como unha campaña que impulsa ADEGA mais que conseguiu sumar esforzos de asociacións e particulares que queren promover o valor do bosque, como recurso non só ambiental senón tamén económico e cultural. 

Dúas son as liñas de traballo fundamentais que ten como obxectivos “Cousas de Raíces, en primeiro lugar a presión para incentivar as obrigas da Administracións para que cumpra a normativa e, en segundo, promover a conciencia colectiva sobre a relevancia das árbores autóctonas. 

A campaña está aberta a colectivos e particulares que compartan o obxectivo de defender o bosque galego, e defínese como “proactiva, expansiva, colaborativa e integral”. Alén das corenta entidades, a proposta agarda recibir o apoio de máis colectivos e particulares para o que teñen aberto o correo electrónico [email protected]

Cultura, identidade, paisaxe e economía

Desta maneira, en “Cousas de raíces”, danse man os elementos culturais, identitarios, de paisaxe e económicos dos bosques que convidan a participar unha pluralidade de colectivos que comparten o obxectivo de considerar a relevancia das árbores propias. O retroceso da masa arbórea, en especial na costa, fan que sumen forzas nunha reivindicación que consideran histórica, en especial, cando manexan datos como o alarmante 30% que neste momento ocupa o bosque galego con respecto á superficie arborada do país, segundo unha investigación da USC dirixida polo profesor Manuel Guitián. 

Entre as entidades promotoras, ademais de ADEGA, que botou a andar a inciativa, atópanse colectivos como Fruga, Erva, FEG, Foro do Camiño, Grupo Hábitat, CDR Ancares, Enarborar o Bosque, Arteu, Asforgal, Plataforma Sarriana polo Río, Ríos con Vida, Verdegaia, Mariña Patrimonio, Asociación Galega de Custodia, Carballo Vivo, Cultura do País, Alibós, Adenco ou Agrupación Micolóxica a Zarrota. 

Comentarios