Convocan unha mobilización o domingo contra a corrupción no goberno municipal de Compostela

Diversos colectivos sociais e cidadás convocan para o domingo día 20 ás 12 en Compostela unha manifestación contra a corrupción no goberno municipal. Solicitan a disolución da corporación.
Currás na conferencia de prensa
photo_camera Currás na conferencia de prensa

Co alcalde Ángel Currás imputado despois de ter declarado diante do xulgado de Lugo dentro da Operación Pokemon, diversos colectivos cidadás e sindicais teñen convocada para o domingo 20 de xaneiro ás 12 horas unha mobilización na que reclaman transparencia e participación ademais da disolución da corporación municipal.

“É necesario a creación doutro modelo de organización do concello, baseado na autoorganización das persoas e na recuperación dos servizos públicos. Unha cidade democrática e plural onde caiban todas as expresións políticas e culturais, onde o pensamento non estea privatizado” defenden as entidades participantes na convocatoria da mobilización que partirá o domingo da Alameda de Compostela.

Comentarios