Alerta laranxa: a cicloxénese Gong abala hoxe Galiza con refachos de vento de máis de 100 quilómetros/hora

A borrasca extratropical desatouse esta madrugada, arredor das 6 horas. A Xunta decretou alerta laranxa e activou o plano especial de emerxencias ante o risco de inundacións.

Fortes refachos de vento, nomeadamente no litoral da Coruña, Pontevedra e A Mariña, e moi intensas precipitacións -que mesmo poderían atinxir os 40 litros por metro cadrado nas zonas máis afectadas- é o que @s meteorólog@s agardan que Gong -así se ten baptizado esta cicloxénese- traia a Galiza.

Desde a Dirección Xeral de Emerxencias recoméndase que se reduzan ao mínimo imprescindíbel as actividades ao ar libre -incluídas as desportivas- así como os desprazamentos por estrada.

Gong irá remitindo arredor do mediodía nas provincias da Coruña e Pontevedra e na comarca da Mariña, e fará o propio por volta das 3 da tarde nas montañas de Lugo e Ourense.

Nas zonas menos afectadas os refachos de vento atinxirán a cota dos 70 quilómetros/hora.

Comentarios