xoves 09.04.2020

A defensa [email protected] 4 independentistas di que non hai "proba de cargo" que demostre a existencia de Resistencia Galega

O letrado salientou na vista que algunhas das probas presentadas polos peritos policiais foron "rexeitadas por tribunais ordinarios".

Esta terza feira comezou a segunda xornada do xuízo que decorre na Audiencia Nacional española, onde 4 independentistas son [email protected] de "pertenza a organización armada, falsidade documental e tenza de explosivos".

O TEDAX asegurou que o material explosivo incautado a dous dos acusados "son artefactos de confección sinxela" que "non requiren grandes coñecementos técnicos nin grande infraestrutura para a súa elaboración"

Nunha entrevista concedida polo avogado Alexandre Cortizas á canle de televisión Irmandade.tv, o letrado asegurou que na vista iniciada a pasada segunda feira a "integración en banda armada" non foi probada ao considerar que non se presentou "proba de cargo potente" --isto é, incriminatoria nun proceso xudicial penal-- que apoie a existencia dunha organización terrorista na Galiza. 

Nesta segunda sesión --na que compareceron integrantes do TEDAX-- o perito de explosivos dixo que o material incautado a dous dos acusados "son artefactos de confección sinxela" que "non requiren grandes coñecementos técnicos nin grande infraestrutura para a súa elaboración" polo que poderían ser elaborados "perfectamente" por unha persoa soa, afirmou o TEDAX en resposta ás preguntas formuladas pola defensa, a partir de "manuais" publicados e difundidos "na Internet".

Pola súa banda, a testemuñada chamada pola Fiscalía como perito de ADN recoñeceu ao comezo da súa comparecencia non ser experto na materia mais si en "observacións oculares".

O perito grafolóxico da policía recoñece que na análise das sinaturas "omitimos" 16 puntos e non desenvolveron todas as probas porque "estamos en crise"

Neste senso, inquirido pola defensa en relación coas análises de ADN realizadas ao material explosivo incautado, o funcionario dixo non poder aportar "nada" por descoñecer os estudos e resultados da análise dos mesmos. 

A respeito da "falsificación de documentos", a peritaxe grafolóxica presentada pola policía concluíu afirmando que "todos os documentos son falsos na súa integridade". Porén, no careo co perito achegado pola defensa o grafólogo independente rexeitou os "métodos e procedementos" empregados pola policía ao asegurar que o  Documento de Identidade obxecto de análise foi "manipulado" e tratado quimicamente, o que impide a súa análise. Aliás, o perito policial afirmou que dos 20 puntos analizados para concluír que a sinatura atribuída a María Osorio era falsa, "omitimos" 16 e non foron desenvolvidas todas as probas pertinentes porque, dixo, "estamos en crise". 

Cumpre lembrar que Osório e Santos enfrontan 3 anos de cadea por "falsidade documental".

comentarios