Sandra Ortega accede ao Consello de Administración de PharmaMar

Entra para ocupar o cargo que deixa José Francisco Leyte.
Imaxe de arquivo da sede de Pharmamar. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
photo_camera Imaxe de arquivo da sede de Pharmamar. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)

A empresaria Sandra Ortega Mera, filla do fundador de Inditex, Amancio Ortega, e da tamén empresaria Rosalía Mera, vén de entrar no Consello de Administración de PharmaMar en substitución de José Francisco Leyte.

Ortega Mera entra como nova representante persoa física da sociedade patrimonial Rosp Corunna Participaciones Empresariales, organismo conselleiro dominical da compañía de biotecnoloxía.

Ademais, segundo publicou Europa Press, este brazo inversor da empresaria coruñesa dimitiu dunha vogalía da comisión de Auditoría da empresa, manténdose só no consello. A firma é dona dunha participación do 5% en PharmaMar.

Coa marcha deste cargo, esa comisión queda  conformada por Valentín de Torres-Solanot del Pino como presidente.

Ana Palacio Vallelersundi, Carlos Solchaga Catalán e José Féliz Pérez-Orive Carceller seguirán como vogais e Juan Gómez Pulido é secretario non conselleiro.

Aliás destas modificacións, o consello aprobou esta sexta feira a modificación do regulamento e un novo texto coa “finalidade de incorporar determinadas recomendacións previstas na reforma do código de Bo Goberno das sociedades cotizadas aprobada pola CNMV o pasado 26 de xuño de 2020”.

Tamén saíu adiante o cambio de nome da comisión de Nomeamentos e Retribucións, que agora será denominada comisión de Nomeamentos e Retribucións e de Sostenibilidade.

Comentarios