O prezo do aluguer na Galiza sitúase en máximos históricos superando en 10,5% o alcanzado en 2007

A nivel estatal, rexístrase un máximo histórico ao situarse o aluguer nos 11,55 euros por metro cadrado ao mes, o que supón 14,1% máis que a cifra rexistrada durante a burbulla inmobiliaria de 2007 (10,12 euros o metros cadrado), segundo Fotocasa.
Vivenda en aluguer (Foto: Arxina)
photo_camera Vivenda en aluguer (Foto: Arxina)

Na Galiza, o prezo da vivenda en aluguer volve alcanzar o prezo máximo histórico ao situarse nos 8,12 euros por metro cadrado ao mes.

"Esta situación, que vén repetíndose desde 2022, levou ao prezo non só a bater récords, senón a superar o prezo rexistrado durante a burbulla inmobiliaria de 2007, nun 10,5%", segundo o portal Fotocasa. Entre as cidades galegas analizadas, atópase A Coruña cun aumento por encima do 20%, concretamente de 26,8%.

A nivel estatal, rexístrase un máximo histórico ao situarse nos 11,55 euros por metro cadrado ao mes, o que supón 14,1% máis que a cifra rexistrada durante a burbulla inmobiliaria de 2007 (10,12 euros o metros cadrado), segundo Fotocasa.

E é que a maioría das Comunidades Autónomas presentan prezos moito máis altos que os rexistrados na época de maiores subidas no Estado, mentres que en 96% das capitais de provincia o prezo do arrendamento está por encima do mostrado no período de burbulla, hai 15 anos.

Pisos compartidos

Por outra parte, o alugueiro dun cuarto nun piso compartido no Esatdo é un 10,17% máis caro que en 2022, segundo un estudo de pisos.com.

O mesmo sinala que tan só sete cidades do Estado experimentaron unha rebaixa interanual no prezo das habitacións de alugueiro en pisos compartidos. Entre elas, está Ourense (-17,17%).

Comentarios