O prezo da luz volve subir hoxe, na segunda feira máis cara da historia

Será seis veces máis alto que o que se rexistraba hai un ano.
Este 6 de decembro o prezo da luz multiplica por cinco o de hai un ano (Foto: Europa Press).
photo_camera O prezo máis alto desta segunda feira darase entre as 20 e as 21 horas, cando alcanzará os 249 euros/MWh (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)

O prezo medio diario da electricidade no mercado maiorista volverá hoxe, 3 de outubro, a retomar a senda alcista tras as baixadas rexistradas na fin de semana, marcando así a segunda feira máis cara desde que hai rexistros.

En concreto, o prezo subirá 67% respecto ao rexistrado o domingo, até os 186,46 euros o megavatio hora (MWh), segundo os datos do operador de mercado eléctrico designado (OMIE). Hai unha semana, en 174,68 euros/MWh, o que equivale unha suba de 6,7%. Mais conComparándoo con fai un ano, o prezo da electricidade multiplícase case por seis.

O prezo máis alto desta segunda feira darase entre as 20 e as 21 horas, cando alcanzará os 249 euros/MWh, mentres que o máis baixo se rexistrará entre as 2 e as 3 horas, cando cotizará a 141,59 euros/MWh.

Tras o descenso do sábado e o domingo pola menor demanda, o prezo da electricidade volve subir logo de rexistrar na pasada sexta feira o nivel máis caro de sempre, cun prezo no mercado maiorista de 216,01 euros/MWh.

Esta situación prodúcese en plena escalada do prezo de todas as materias primas vinculadas á enerxía en todo o mundo, como o gas, o petróleo e o carbón, o que dispara ao mesmo tempo os dereitos de CO2, tamén en máximos históricos.

Neste contexto, o prezo da electricidade no mercado español xa marcara previamente os seus maiores prezos históricos tanto en xullo como en agosto, e setembro superou ambos os rexistros, até unha media de 156,14 euros.

Medidas temporais

O Goberno do Estado decretou varias medidas, como a redución do IVE ao 10%, a suspensión do imposto do 7% á xeración eléctrica, o desconto do imposto da electricidade ao 0,5% ou a contribución esperada de 2.600 millóns de euros por parte das eléctricas procedente dos denominados "beneficios caídos do ceo".

Porén, o prezo da cotización que se publica cada día ─xa advertiu o Executivo─ seguirá en cotas elevadas e subindo, polo menos, até marzo de 2022, momento en que se prevé que estas medidas decaian. Mentres tanto, a factura debería seguir baixando de prezo a pesar do alza no mercado maiorista.

Comentarios